
CRISE SANITARIA COVID-19
Peche total da atención presencial nas oficinas municipais, agás naqueles servizos declarados esenciais.
Os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas.
SUSPENSIÓN DE PRAZOS ADMINISTRATIVOS
Non se preocupen se teñen algún trámite pendente. Quedan suspendidos os termos e interrompense os prazos para a tramitación dos procedementos. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia a declaración do estado de alarma ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Así mesmo informamos que TODAS AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS ATOPANSE CANCELADAS, e PERMANECEN TOTALMENTE PECHADAS as dependencias da Casa da Cultura, Polideportivo Municipal, Escola Municipal de Música Magariños, Biblioteca Pública Municipal, Aula CEMIT, Piscina Cuberta Municipal e Escola Infantil dos Ánxeles.
Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase toda a veciñanza a máxima colaboración. Mantemos contacto constante coas autoridades e iremos informando de calquera cambio ou medida que se adopte.
Poden consultar mais información no seguinte enlace, no teléfono 981 88 70 06 ou no correo electrónico concello@concellodebrion.org
DESCULPEN AS MOLESTIAS
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||