AVISOS/CONVOCATORIAS    
       
         
    AVISOS    
           
    16/03/2020 ADOPCIÓN DE MEDIDAS POR MOR DO ESTADO DE ALARMA DECRETADO POLO GOBERNO DO ESTADO: O Concello de Brión informa que, dende este luns 16 de marzo de 2020 e durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, se pecha totalmente a atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que son considerados esenciais: Oficina de rexistro do Concello, Servizo municipal de novas tecnoloxías, Servizos Sociais, Brigada municipal de obras e servizos, Brigada municipal de vias, Seguridade e emerxencias, Conserxería e Servizo de limpeza municipal. A atención nestes servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática. A atención presencial motivada unicamente en razóns de urxencia precisará cita previa.    
           
    13/03/2020 Actualización das MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO DE BRIÓN PARA PREVIR A EXPANSIÓN DO CORONAVIRUS COVID-19: Cancelación de todas as actividades municipais, peche ao público das seguintes da ESMU MAGARIÑOS e da BIBLIOTECA PÚBLICA MUNCIPAL, suspensión da actividade na Escola Infantil Municipal dos Ánxeles (Gardería). A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada aos casos estrictamente necesarios. Os trámites administrativos faranse por vía telemática na sede electrónica municipal (sede.concellodebrion.org) ou a través de medios telefónicos. Todo isto, sen prexuizo de que nos vindeiros dias se tomen outra serie de medidas a maiores. Todo isto, sen prexuizo de que nos vindeiros dias se tomen outra serie de medidas a maiores.    
         
    CONVOCATORIAS    
         
         
    [07/02/2020] >> PROVISIÓN DE 2 PRAZAS DE PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)    
         
         
    16/03/2020 Suspensión da realización do 1º exercicio da fase de oposición.    
         
    12/03/2020 LISTA DEFINITIVA de aspirantes admitidos e excluídos, COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL e CITACIÓN para a realización do 1º exercicio.    
         
    25/02/2020 LISTA PROVISIONAL de aspirantes admitidos e excluídos e publicación do prazo para os efectos de reclamacións.    
         
    07/02/2020 BASES da convocatoria.