Premio Laudamuco
07 DE XANEIRO DE 2020

- TERMALISMO 2020: Convócanse prazas de balnearios para o ano 2020 para maiores. Solicitudes no Centro social Polivalente.

- OBRAS DE MELLORA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. ANO 2019: A Escola Infantil Municipal foi obxecto de obras de mellora cofinanciadas ao través da convocatoria de Axudas para a mellora da rede pública de escolas infantís 0-3, na que participa a Xunta de Galicia e a Unión Europea co Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. En 2019 acometeuse a mellora da cobertura e aillamento do patio interior, co cambio das planchas de policarbonato e a instalación dun toldo. Ademáis habilitóuse unha nova zona exterior de xogos, con módulo multixogo e bancos sobre base de caucho, e un toldo para dar sobra a outro dos patios.

- Adxudicadas por máis de 180.000 euros a mellora do alumeado público nas parroquias de Os Ánxeles e Brión: O Concello de Brión vai mellorar o alumeado público nas parroquias de Os Ánxeles e Brión grazas a subvención Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) no marco do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea (EU).

- II PREMIO “LAUDAMUCO” PARA TEXTOS TEATRAIS Publícanse as bases polas que se rexerá o segundo premio "Laudamuco" para textos teatrais. Prazo de admisión de orixinais ata o día 14 de febreiro de 2020.

- NOVO CLUB CAMALEON Porque, cando les entre amigos non hai cor. Tódolos sábados ás 11:30h. na Biblioteca Municipal. A partires do sábado 9 de Novembro.

- FORMACIÓN: Curso de INFORMÁTICA BÁSICA, ensinaremosche as nocións básicas para coñecer un ordenador e tamén obterás un coñecemento básico de Windows. En horario de mañan e aberto todo o ano, informate na Casa da Cultura.

- REPOBOACIÓNS FORESTAIS: Aviso segundo a Lei 7/2012 de Montes de Galicia sobre as repoboacións forestais e as distancias que teñen que deixar as novas plantacións.

- PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCEDIOS FORESTAIS DE GALICIA: Recordatorio das obrigas dos responsables dos terreos forestais contemplados na Lei 3/2007.

- AS PEGADAS DE ROSALÍA: Consulta toda a información sobre o itinerario cultural a partires dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra, e que une os concellos de Santiago, Ames, Brión, Padrón e Dodro.

- III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: O Concello de Brión en colaboración coa Diputación de A Coruña veñen de presentar o III plan de igualdade entre homes e mulleres que estará en vigor durante os anos 2016 a 2019. Podes ver o texto integro no apartado de Servizos Sociais.

- OBRIGAS DOS POSUIDORES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA: Recordatorio das obrigas que han de cumprir os posuidores de animais domésticos de compañía segundo a ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, publicada no BOP Nº 50, do 1 de marzo de 2003.

Club Camaleón
Termalismo 2020
Curso informática Básica