guia do comercio
 

Esta iniciativa, que pretende achegar a vida de Rosalía de Castro a toda a poboación, desenvolve un itinerario cultural a partires dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra e que une os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Padrón e Dodro.

Dito itinerario está concebido para que os usuarios poidan percorrelo en autobús, a pé ou en bicicleta e pasa por lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia (Padrón), o Pazo de Arretén (Padrón) e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón).

As pegadas de Rosalía permanecen inalteradas en Brión. ¿Quen non escoitou falar das Campás de Bastavales?. Estas campás están na Igrexa de San Xiao de Bastavales. Sobre elas, Rosalía escribiu os siguintes versos no seu libro Cantares Gallegos:

“Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades”


Con esta ruta queremos convidalos a seguir esas pegadas e descubrir os verdes vales que caracterizan a comarca da Maía e o municipio de Brión. Sen desviarnos da nosa senda, transitaremos por frondosas carballeiras tralos que se esconden maxestosos pazos e igrexas centenarias que esperan ser descubertos polo camiñante. Do mesmo xeito que multitude de fontes, cruceiros, milenarios castros e antigas fortalezas que, noutro tempo, levantáronse poderosas. Paisaxes evocadoras onde aínda resoan as vellas campás de Bastavales que un día inspiraron algúns dos versos máis populares da nosa recoñecida poetisa Rosalía de Castro.

Calquera persoa que recorra a Ruta Rosaliana debe deixarse levar tamén pola historia e as lendas que nos esperan nos seus camiños, pode achegarse ata as Torres de Altamira, o monumento mais representativo do pasado histórico de Brión. Un castelo testemuña das loitas entre a nobreza e a igrexa dende a súa construcción no siglo IX.
Pero se falamos de lendas, que mellor que achegarnos ao Castro Lupario e coñecer a lenda Xacobea de que alí vivía a Raíña Lupa, que intentou impedir o traslado dos restos do Apóstolo Santiago ata Compostela. E se o camiñante se lle ocorre vir na máxica noite de San Xoan, e ten moita sorte, a lenda di que se lle aparecerá unha xoven con unha galiña con pitos de ouro.

Seguindo as pegadas de Rosalía chegaremos ata o espectacular conxunto arquitectónico composto pola igrexa de San Xiao de Bastavales, coa súa torre campanario onde aínda resoan os ecos daquelas “Campanas de Bastavales”? que “Cando vos oio tocar, Mórrome de soidades”.

Un repiqueo que aínda pode ouvirse desde a veciña parroquia de Os Ánxeles, lugar de augas termais onde se levantou o histórico Balneario de Ou Tremo, agora convertido nun moderno establecemento hoteleiro onde o visitante gozará de merecido descanso, boa gastronomía e, por suposto, de excelentes tratamentos e augas sanadoras e curativas no seu circuíto termal.

Xa no corazón de Brión, descubriremos a Carballeira de Santa Minia, lugar onde se levanta unha coñecida ermida na que ano tras ano se reúnen milleiros de peregrinos que renden culto á nova mártir chegada desde Roma a través de Cádiz. Unha romaría onde converxen a devoción relixiosa e a celebración profana. Unha festa onde a gastronomía é un dos seus grandes atractivos e o polbo a feira o seu principal reclamo.

Con esta nova Ruta Rosaliana quixemos ser innovadores, recorrendo ao uso das novas tecnoloxías e as ferramentas dixitais que nos ofrece internet. Por iso deseñouse unha contorna interactiva 360 que podemos visualizar no seu portal web. O potencial visitante, desde calquera parte do mundo, atopará nel contido dixital en liña toda a información sobre a ruta. Ao mesmo tempo, poderá descargar o contido en PDF e gardalo no seu dispositivo móbil a modo de guía turística.

 
Reserva instalacións deportivas municipais
 
 
 
Páxina web As pegadas de Rosalía Folleto informativo Mapa interactivo