O Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca o VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026. Unha iniciativa que busca incentivar e apoiar a dramaturxia en lingua galega e contribuír ao recoñecemento da figura e obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, por todo o que representou e representa para a nosa cultura.
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Dende o mércores, 15 de outubro, está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2025-2026. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do ocio e tempo libre, comercio, almacén, administración e xestión, e turismo. A edición 2024-2025 rematou o pasado 30 de setembro.
Hoxe celebrouse no Centro Social Polivalete a primeira representación dun novo programa de Teatro Profesional impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Brión, unha iniciativa que busca achegar as artes escénicas ao alumnado de Brión e fomentar o gusto polo teatro entre os máis novos.