Medio cento de veciños e veciñas de Brión, de sesenta ou máis anos, participaron onte mércores na primeira das catro excursións organizadas polo Concello de Brión dentro do seu programa “Xornadas de Verán”. Unha saída que os levou ata Ribadavia, vila que percorreron da man dunha guía para despois achegarse por unha adega, por onde fixeron tamén unha visita guiada e unha pequena degustación de viños do Ribeiro.
O campo municipal de Brión acolleu o pasado 28 de xuño a fase final do I Circuíto de Baloncesto 3x3 Deputación da Coruña. Un torneo no que participaron máis de 300 nenos e nenas de entre 10 e 13 anos de toda a provincia pero dos que só os 16 mellores equipos tomaron parte na fase final de Brión, tras os clasificatorios celebrados en Carballo e Ordes.
O alcalde de Brión, Pablo Lago, acompañado polos concelleiros de Ensino, Guarina Rey, e Obras, José Antonio Vidal, mantiveron unha xuntanza cun grupo de mozos e mozas do IES de Brión, integrados na Rede Compás, quen lles trasladaron a necesidade da creación dun espazo dedicado á mocidade no municipio.