O centro social polivalente quedou pequeno para acoller na noite de onte venres a homenaxe do Concello de Brión a Carlos Rodrigues Brandâo, antropólogo brasileiro falecido a mediados de 2023 e que durante a década dos noventa pasou varias tempadas na parroquia de Ons realizando unha investigación antropolóxica sobre a Galicia rural. “Unhas visitas nas que o noso concello deixou no profesor Brandâo unha profunda e indeleble pegada.
O novo Programa Integrado de Emprego dos concellos de Ames e Brión desenvolverase entre os meses de outubro de 2024 e setembro de 2025. O programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 220.000 € e confinanciado polos concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.
Carlos Rodrigues Brandâo foi un prestixioso profesor da Universidade de Campinas, no estado brasileiro de São Paulo: dende o seu campo de investigación da cultura rural, realizou importantes achegas e deixou escritos máis dun cento de libros de investigación antropolóxica, educación, arte, medio ambiente, poesía, literatura infantil… O seu libro titulado “O que é a educaçâo” coñeceu moitas ducias de edicións tanto en portugués como en español.