A coruñesa María Peinado Casal recibiu na tarde do sábado 16 de maio o VIII Premio Laudamuco para textos teatrais de mans da concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero; da vicepresidenta da Academia Galega de Teatro María Barcala; e o director de Edicións Positivas, Francisco Macías.
Brión participará por primeira vez no festival gratuíto de ciencia en bares “Pint of Science España”, que se desenvolverá nas tardes dos días 18, 19 e 20 de maio no bar O Novo Faro e que conta coa colaboración do Concello de Brión.
O Concello de Brión é un dos primeiros municipios de Galicia en adherirse á nova Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para reforzar a cooperación entre as administracións á hora de sensibilizar, previr, formar e resolver posibles casos de acoso escolar.