Concello de Brion

logotipo
Slogan

Actividades

Noticias

Imaxe do asfaltado nunha das rúas
14-07-2021

O Concello de Brión está a mellorar con aglomerado en quente o firme actual do interior de tres urbanizacións e doutros sete camiños de titularidade municipal, un ambicioso proxecto no que inviste 752.119,96 euros e que está a ser acometido pola empresa Construcións Ponciano Nieto.

O alcalde de Brión recibe o galardón da man do presidente da Deputación da Coruña
08-07-2021

O Concello de Brión acaba de ser distinguido nos premios PEL, uns galardóns promovidos pola Deputación da Coruña cos que a institución provincial recoñece cada ano ás mellores empresas da provincia, as iniciativas de asociacións empresariais e concellos en materia de emprego e aposta polo desenvolvemento económico.

Participantes nas actividades de maiores do Concello de Brión
06-07-2021

Un total de 21 veciñas e veciños de Brión, todos maiores de sesenta anos, participarán os xoves de xullo nas actividades de reencontro organizadas polo Concello de Brión. O alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, foron os encargados de darlles a benvida no centro social polivalente.

Próximos Eventos

¡Brión en fotos!