28-05-2022
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO MAIO 2022: DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO [ADIADO]

O espectáculo "Departamento de selección" de DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO QUEDA ADIADO ATA NOVO AVISO

Grazas. Desculpas polas molestias.

Lugar: Centro Social Polivalente
Data: Adiado ata novo aviso
Hora: 20:00 h.

Drama. Maiores de 16 anos

Sinopse: Este espectáculo, dirixido a un público maior de 16 anos, presenta varias personaxes que aceptan participar nun xogo cruel e perverso, onde manifestan o seu cinismo, egoísmo, intolerancia e falta de empatía. O público, xunto coas personaxes, debe decidir ata onde chega a verdade e onde comeza o truco. O espectador poderá reflexionar sobre o comportamento humano e os valores da sociedade de mercado en que vivimos. A obra, que alterna momentos máis divertidos con outros máis dramáticos, é unha crítica á deshumanización do mundo capitalista, que nos converte en inimigos e competidores, dispostos á loita máis salvaxe na que todo vale.

Entrada de balde ata completar aforo. Reserva de localidades en: billeteira.concellodebrion.gal [Dende o día 2 de maio]

Fecha Fin
2022-05-28