INFORMACIÓN PÚBLICA EXP. IN408A 2020/144. Solución de evacuación conxunta dos PPEE MARAGOUTO E BANZAS

Acordo da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas nos Concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes, e Rois (A Coruña), (exp. IN408A 2020/144).