23-09-2022
     

O Mago Antón presenta "Mil maxias máis"

En Brión o venres, 23 de Setembro de 2022.

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia  dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil.  Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón.

- FUNCIÓNS ESCOLARES (Para alumnado do CEIP de Pedrouzos), ás 11:00 | 12:00 e 13:00h. no Pavillón Polideportivo Municipal

- FUNCIÓNS DE ACCESO LIBRE (Para tódolos públicos), ás 17:00 | 18:00 e 19:00h. na finca ao lado das pulperías nos arredores da Carballeira de Santa Minia.

Concello de Brión | Deputación da Coruña

Documentos