11-07-2025
     
Días 11, 12 e 13 de xullo de 2025
Concello de Brión

ENCONTRO COA ARTE: LEMBRANDO A XOSÉ VIZOSO

Os días 11, 12 e 13 de xullo, Brión acolle unha nova edición do Encontro coa Arte, dedicado ao artista e ilustre veciño Xosé Vizoso.

Tres xornadas de convivencia e intercambio artísticos que este ano contarán coa presenza de 26 artistas plásticos que participarán en diferentes actividades de difusión cultural abertas a toda a cidadanía:

OBRADOIROS DE PINTURA DE ACUARELA E MODELADO

Data: Venres, 11 de xullo.
Lugar: Carballeira de Santa Minia.
Horario: de 10:00 a 12.30 h.

Os artistas José A. Regidor, José Galarzo e María Carmen Martínez, participantes no XVIII Encontro coa Arte, convídannos a participar nuns Obradoiros de Pintura de Acuarela e de Modelado, onde ensinarán aos asistentes nocións básicas para iniciarse nestas técnicas artísticas.

Destinados a público de tódalas idades.

VII CONCURSO DE PINTURA E DEBUXO INFANTIL E XUVENIL

Data: 11 de xullo
Lugar: Paseo do Río Pego
Horario: Dende as 16:30 ás 18:30 h.

Consulta as bases de participación.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO XVII ENCONTRO COA ARTE LEMBRANDO A LUÍSA VILLALTA (2024)

Data: venres, 11 de xullo
Hora: ás 21:00 h.
Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

No transcurso do acto, entrega de premios do Concurso de Pintura e Debuxo do Encontro.

XORNADAS DE PINTURA DO NATURAL

Asiste en directo ao proceso de creación dunha obra de arte cos artistas participantes no Encontro.

Venres 11, de 16:30 A 18:30 h.
Xornada de Pintura do natural no Paseo do Río Pego.

Sábado 12, de 10:00 a 14:00 h. e de de 16:30 A 18:30 h.
Xornada de Pintura do Natural en Porto do Son.

Domingo 13, de 10:00 a 14:30 h.
Xornada de Pintura do Natural no paseo do Río Pego.

ESPECTÁCULO TRÏADE DO COLECTIVO GLOVO

O venres 11 de xullo, o Colectivo Glovo presenta en Brión o espectáculo TRÏADE, un ritual que evoca a forza do ancestral e do simbólico a través de tres corpos. Inspirada na tríade vida–morte–renacemento, desenvolve complicidade, misterio e unha fisicalidade moi directa.

BSO de Baiuca e Mercedes Peón, e un vestiario en colaboración con Adolfo Domínguez.

Ás 22:00 h. no exterior da Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura).

HOMENAXE A XOSÉ VIZOSO

Coa participación de SIRO LÓPEZ, e a actuación do grupo OS QUINQUILLÁNS co espectáculo “Cousas de Castelao”.

Sábado, 12 de xullo ás 21:00 h. no Centro Social Polivalente de Brión.

Entrada de balde ata completar capacidade

EXPOSICIÓN XOSÉ VIZOSO “O NENO QUE DEBUXOU UN CABALO”

Chega a Brión a mostra homenaxe a Xosé Vizoso con motivo da celebración do “Día da Ilustración 2025” Unha exposición que se inaugurou na Biblioteca de Galicia en xaneiro e que agora poderá visitarse en Brión dende o 11 de xullo ao 30 de setembro no Centro Social Polivalente.

MERCADO DA ARTE DO ENCONTRO

Tódolos días, na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión), estará aberto un mercado da arte para ver e comprar obra orixinal dos artistas participantes no Encontro.

HORARIOS:

VENRES: 16:30-21:00 h.
SÁBADO: 9:30-14:00 h. / 17:00-21:00 h.
DOMINGO: 9:30-14:00 h.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-07-13