ENCONTRO COA ARTE 2025: HOMENAXE A XOSÉ VIZOSO
O XVIII Encontro coa Arte rende homenaxe a Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950 - Brión, 2025), ilustre veciño e destacado artista plástico galego. O acto, aberto á participación de toda a cidadanía, estará conducido polo debuxante, caricaturista, escritor e xornalista Siro López. Ademais, contará coa actuación de Os Quinquilláns, que presentarán en Brión a obra Cousas de Castelao, adaptación da recoñecida creación do autor de Rianxo.
SINOPSE:
Versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social... O retranqueiro burro dun dos contos, trasunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran O pai de Migueliño, A Marquesiña, O escuro caletre de Martiño ou Aínda eu non nascera.
DATA: Sábado, 12 de xullo
HORA: 21:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión
Espectáculo para todos os públicos. Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.