10-11-2025
     
De 16:00h. a 18:00h.
Centro Social Polivalente

OBRADOIRO: TEATRO PARA SANDAR(NOS)

Continúa en Brión a programación arredor do 25N cun obradoiro de teatro para mulleres

O vindeiro luns 10 de novembro, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar no Concello de Brión o obradoiro de teatro para sandar(nos): “Recuperar a voz propia”, unha actividade incluída na programación municipal arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Trátase dun curso de dinámicas teatrais dirixido a mulleres, pensado como un espazo para activar a autoconfianza e construír unha autoimaxe real e sá. O obxectivo é, como indica o título, recuperar a voz propia: unha voz que en moitas ocasións foi silenciada polas herdanzas interxeracionais, pola violencia, pola educación ou polos roles de xénero.

O obradoiro estará impartido por Diana Sieira, creadora escénica, actriz e pedagoga cunha ampla traxectoria profesional no ámbito teatral e audiovisual, tanto en España como no estranxeiro. Recentemente especializada no Thomas Prattki Center de Berlín, Diana combina o traballo escénico co acompañamento psicolóxico desde unha perspectiva feminista e de crecemento persoal.

Esta actividade forma parte da aposta do Concello de Brión pola igualdade e o empoderamento feminino, ofrecendo espazos de encontro, reflexión e expresión persoal para as mulleres do municipio.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-11-10
Documentos