13-12-2025
     
18:00 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

BRIÓN INCLÚE 2025 | OS NÁUFRAGOS: "Bulebule"

Os Náufragos teatro presentan no festival Brión Inclúe 2025 "Bulebule", un espectáculo sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade)

Elenco: Irene Lorenzo, Jimmy Núñez | Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río

Tódolos públicos (a partir de 4 anos) | Duración: 40 min.

Sinopse:

A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada... e facer un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).
Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

DATA: sábado, 13 de decembro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información sobre o espectáculo

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-13