05-12-2025
     
Ata o 19 de decembro

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2025

O Concello de Brión convoca o seu tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal.

PARTICIPANTES

Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Brión que cursen Educación Infantil ou Primaria, cun único traballo por autor/a.

DATA E LUGARES DE PRESENTACIÓN

As tarxetas poderán presentarse ata o 19 de decembro no CEIP de Pedrouzos, nas Escolas de Educación Infantil ou na Casa da Cultura de Brión.

PREMIOS

- Tres premios individuais para cada Escola de Educación Infantil: Vales para libros, xogos ou material escolar.
- Tres premios individuais para cada Ciclo de Educación Primaria: Vales para libros, xogos ou material escolar.

O fallo do xurado emitirase o 5 de xaneiro de 2026, reservándose o dereito a declarar algún premio deserto se o estimase oportuno.
O feito de participar neste Concurso supón a aceptación destas bases.

Consulta ás bases completas no documento que atoparás ao pé.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-19