Dentro do marco do XIII Festival Entroido'26, o Departamento de Música da ESMUMA (Escola Municipal de Música) e o colectivo artístico Myrtha unen forzas para ofrecer tres propostas dirixidas a todos os públicos.
PROGRAMACIÓN:
- Venres 11 de febreiro – ESMUMA (Sala Magariños)
17:00 horas – Espectáculo do alumnado de Música e Movemento de 1º, 2º e 3º.
18:30 horas – Espectáculo do alumnado de Música e Movemento de 4º e 5º.
Estas sesións permitirán aos espectadores acompañar o percorrido educativo dos máis novos, mostrando o traballo desenvolvido nas aulas a través de interpretacións cheas de frescura e ilusión.
- Venres 13 de febreiro – Centro Social Polivalente (Salón de Actos)
19:00 horas – "Myrtha", unha performance profesional que reinterpreta o ballet romántico "Giselle".
A través da danza de Gloria García, a música de Olivier Cano e a pintura en directo de Xabier Cano, reviviremos unha historia de folclore europeo transformada nunha experiencia multisensorial.
Myrtha é un proxecto nacido en 2025 durante o encontro cultural "Estudios Abiertos" de Ferrol, e representa o vínculo entre tradición e innovación nas artes escénicas.
INFORMACIÓN PRÁCTICA:
Espazos escénicos: ESMUMA (Sala Magariños) e Centro Social Polivalente (Salón de Actos)
Entrada: Entrada de balde ata completar aforo
Máis información: www.esmumagarinos.com