DENOMINACIÓN DO TREITO: Treito LOUSAME. B1 - B2 - ASERGAL
SAÍDA: Cedofeito (LOUSAME)
META: A Igrexa da Luaña
DENOMINACIÓN DO TREITO: Treito BRIÓN. C1 - C2 - CLICKFER ALQUINOIA
SAÍDA: Rañalonga (DP-1301)
META: Guitiande
HORARIOS:

CONSULTA OS PERCORRIDOS DOS TRAMOS
RECOÑECEMENTOS LIBRES DO TREITO
O participantes na proba poderán facer recoñecementos do treito os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 10 a 19h.
O treito permanecerá aberto ao tráfico e a veciñanza poderá circular durante estes días libremente.
Os coches dos participantes irán identificados con pegatinas na súa parte dianteira e traseira e terán que circular respectando en todo momento a normativa en canto seguridade vial. Estarán xeolocalizados con GPS pola organización do rali e terán que respectar as velocidades establecidas regulamentariamente sen poder superar, en ningún caso, os 80km/h.
DÍA DA PROBA
A competición terá lugar o sábado 18 de abril.
Os participantes farán dúas pasadas polos treitos indicados, unha pola mañan e outra en horario de tarde. Estes estarán totalmente pechados á circulación e controlados polas forzas de seguridade da Dirección Xeral de Tráfico.
A veciñanza residente nos lugares polos que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 8h. do día 18, a partir desa hora e cando as patrullas de tráfico pechen totalmente o circuíto, ninguén poderá moverse polo mesmo.
Si se producira algunha causa de forza maior será a propia organización a que determine como actuar en cada caso concreto e, se fora necesario, serán eles mesmos os que despracen á persoa ou persoas afectadas.
PROHIBICIONS DE PASO E ESTACIONAMENTO PARA O DÍA 18 DE ABRIL
- A totalidade do trazado polo que discorren os treitos estará cortado totalmente á circulación [Ver plano] nos seguintes horarios aproximados:
- Treito LOUSAME. B1 ASERGAL - Dende as 10:05 ata o paso do último participante.
- Treito BRIÓN. C1 CLICKFER ALQUINOIA - Dende as 10:50 ata o paso do último participante.
- Treito LOUSAME. B2 ASERGAL - Dende as 15:35 ata o paso do último participante.
- Treito BRIÓN. C2 CLICKFER ALQUINOIA - Dende as 16:20 ata as 20:00h.
- Ao longo do día 18 nos horarios nos que non se estea disputando a competición só poderá circular polos treitos a veciñanza que o precise.
- Estará prohibido ter vehiculos estacionados entre os números 76 ao 118 da AVENIDA SANTA MINIA dende ás 00:00 e as 20:00h.
Mais información e dúbidas
Escudería Berberecho
Ramal de Balbargos, 5
15200 Obre – A Coruña
Teléfono: 604885465
email: ralinoia@gmail.com