VI PLAN DE IGUALDADE DE BRIÓN · 2026 - 2030
Un novo Plan de Igualdade de Oportunidades para mellorar a vida de todas as veciñas e veciños.
Nas décadas o noso país ten avanzado dunha maneira sen precedentes en materia de igualdade, converténdose nunha referencia a nivel mundial.
A día de hoxe, España segue a ocupar os primeiros postos en igualdade de xénero, moi por encima da media da Unión Europea.
Mais sabemos que aínda queda moito por facer, e que os dereitos que hoxe cremos arraigados non poden ser descoidados porque non existe garantía de que no futuro non se boten atrás.
O Concello de Brión como administración local máis próxima á cidadanía amosa novamente o seu compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e fronte a lacra da violencia de xénero, e sente orgullo de estar a presentar este Plan de Igualdade Municipal, do que xa é a quinta edición, como culminación dun percorrido no que ten sido pioneiro en tantos aspectos.
O goberno municipal procura a mellora da calidade de vida de todas as súas veciñas e veciños, e por tanto segue a traballar para construír un concello onde todas e todos formen parte, coa certeza que de que incorporar as voces, achegas e o benestar das nenas e mulleres é un exercicio de boa gobernanza e transparencia, imprescindible para a consolidación de sociedades democráticas, máis inclusivas, libres e igualitarias.
Para isto, facemos un chamado á colaboración de toda a veciñanza: a igualdade construímola entre todas e todos.
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde de Brión