03-07-2026
     
Do 3 ao 5 de xullo de 2026
Concello de Brión - Gres (Vila de Cruces)

XIX ENCONTRO COA ARTE

Regresan os Encontros coa Arte de Brión. Unhas xornadas de convivencia e creación artística que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de xullo de 2026. O evento contará este ano coa participación de trinta artistas plásticos chegados de diferentes puntos de Galicia e do Estado.

Durante tres días a veciñanza de Brión e os visitantes poderán gozar de diferentes actividades relacionadas coa arte: seráns de pintura do natural, obradoiros e concursos de creación artística, visitas teatralizadas, exposicións e teatro.

Este ano, a figura da nosa cultura homenaxeada no Encontro vai ser o irrepetible Xosé Neira Vilas. O xornalista, escritor e académico galego será o protagonista dunha homenaxe moi especial que celebraremos o sábado 4 de xullo en Gres (Vila de Cruces), localidade natal do autor, e en Brión. O Centro Social acollerá a representación de "Memorias das memorias dun neno labrego", un monólogo escénico-narrativo arredor da célebre obra a cargo de Cándido Pazó. Un espectáculo de acceso libre, ata completar capacidade da sala, con reserva previa obrigatoria na Billeteira Municipal.

Tamén destacamos a exposición "Siro: a vida nun lápis" que permanecerá no Centro Social Polivalente do 3 de xullo ao 30 de setembro. Trátase da mesma mostra que puido verse na Biblioteca de Galicia con motivo da celebración do Día da Ilustración 2026, dedicado ao artista plástico Siro, destacado ilustrador e participante habitual nos Encontros coa Arte de Brión.

Tampouco queremos esquecer a mostra das obras doadas no XVIII Encontro coa Arte “Lembrando a Xosé Vizoso” que poderá verse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) e que se inaugurará o venres, 3 de xullo, ás 21:00 h.

Programa completo do Encontro coa Arte: lembrando a Xosé Neira Vilas

VENRES 3

De 10:00 a 12:30 horas:

OBRADOIROS SIMULTÁNEOS DE PINTURA DE ACUARELA E MODELADO a cargo dos artístas José A. Regidor, Frutos Casado, José Galarzo e María Carmen Martínez. Dirixidos a tódolos públicos. Carballeira de Santa Minia.

De 16:30 a 19:30 horas:

Xornada de Pintura do natural no Adro da Igrexa de Bastavales

Neste mesmo espazo ás 16:30 horas, dará comezo o VIII Concurso de Debuxo e Pintura rápida dirixido a rapazas e rapaces de 4 a 17 anos.

Ás 18:00 horas:

Neste mesmo espazo Visita Teatralizada con Os Quinquilláns

Ás 21:00 horas:

Inauguración da mostra das obras doadas no XVIII Encontro coa Arte “Lembrando a Xosé Vizoso”

Entrega de premios do VIII Concurso de Debuxo e Pintura

SÁBADO 4

De 10:00 a 14:00 h.

Xornada de pintura do natural nas Insuas de Gres - Ponteledesma

Ás 21:00 horas:

Homenaxe a Neira Vilas

Contra Producións presenta a Cándido Pazo en “Memorias das memorias dun neno labrego”.  Centro Social Polivalente.

Entrada de balde. Reserva previa obrigatoria na Billeteira municipal.

DOMINGO 5

De 10:00 a 14:00 h.

Xornada de pintura do natural no paseo do río Pego

MERCADO DA ARTE

Na Sala Municipal de Exposicións. Casa da Cultura

Venres de 16:30 a 21:00 hrs.

Sábado de 9:30 a 14:00 hrs. e de 17:00 a 20:30 hrs.

Domingo de 10:00 a 14:00 hrs.

EXPOSICIÓN SIRO

Centro Social Polivalente

Do 3 de xullo ao 30 de setembro de 2026

(Mostra da Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Ilustración 2026)

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-07-05