OUTONO CULTURAL | Teatro amador | TIRULEQUE: A conspiración da piolla
O grupo de teatro Tiruleque presenta en Brión: “A conspiración da piolla”
Xénero: Comedia | Para todos os públicos | Duración: máis de 50 min.
Sinopse:
Toda a acción desenvólvese nun só acto e transcorre no “piso franco”, onde se está montando unha bomba. Entre os conspiradores xorden diferencias sobre cal sería o mellor método para acabar co ditador; xa que se veñen barallando varias posibilidades, e mentres se avalían estas, unha parte dos intrigantes vai maquinando a forma de controlar a cédula, para deixar fóra aos actuais dirixentes, o que rematan conseguindo con malas artes, para acabar sendo vítimas da propia situación provocada, ao acceder ao poder sen ter a preparación adecuada. E amais porque o autor do texto é partidario de que sempre perdan os malos.
DATA: sábado 3 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala
Máis información na FEGATEA