CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS: FRUMARIO O BIBLIOTECARIO
O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema “Sen profesionais, non hai bibliotecas”, co desexo de reivindicar o traballo de todas as persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un conxunto de recursos, andeis e espazos.
Para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal de Brión quere convidar á cidadanía a unha actividade de animación a cargo de Manuel Pombal que presenta en Brión o espectáculo “Frumario o bibliotecario”
DATA: 22 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
DURACIÓN: 45 min. (aprox.)
Publico familiar. Especialmente dirixida a crianzas de 6 a 12 anos.
Acceso libre ata completar a capacidade da sala. Reserva de localidades neste formulario
Actividade patrocinada polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Máis información no blog da biblioteca municipal