O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación, ou sector.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
  • Solicitude de información urbanística.
  • Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
  • Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles.
  • Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de información urbanística.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.