Concello de Brion

logotipo

Actividades

Noticias

delasfest 2026
16-07-2026

A oitava edición do Delas Fest, o primeiro festival de arte urbana e contextual con perspectiva de xénero celebrado en Europa, chega esta semana a Brión. Diana Rodeiro “Nana”, artista urbana, ilustradora e educadora artística, pintará un mural na piscina municipal de Brión entre o 17 e o 23 de xullo.

Espazo Colaborativo
02-07-2026

O Concello de Brión pon en valor, a través deste vídeo divulgativo, o funcionamento do espazo colaborativo Transformando en Brión, unha infraestrutura situada no Centro Comercial Monte Balado que permite transformar alimentos agrícolas e gandeiros en condicións axeitadas para a súa comercialización.

Logotipos Rede Cultural da Deputación da Coruña
01-07-2026

O Concello de Brión foi beneficiario dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un importe total de 23.544,00 €, destinada á contratación de espectáculos incluídos no programa Rede Cultural 2026. Esta contía representa o 60 % do caché dos grupos participantes, mentres que o 40 % restante será asumido polo Concello, cunha achega municipal de 15.696,00 €.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!