30-06-2025
     
17:00 h.
Escola de Ensino Infantil de Sabaxáns (Bastavales)

DelasFest | XUNTANZA VECIÑAL

O DelasFest (o festival de arte urbana e contextual con perspectiva de xénero) busca persoas de Brión que teñan información, coñezan historias/lendas e/ou dispoñan de fotografías vinculadas á música, pandeireteiras, cantareiras e ás tradicións e oficios relacionados coas mulleres do concello.

Asiste a xuntanza e colabora, convértete en parte do proceso creativo do Delas Fest!

DATA: luns, 30 de xuño
HORA: 17:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: EEI de Sabaxáns (Bastavales, Brión)

Unha actividade organizada polo Delas Fest, programa feminista de arte urbana contextual. Coa colaboración do Concello de Brión e a Deputación da Coruña.
Máis información en: 7hcoop.gal/delasfest/anfitrionate

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-06-30