OUTONO CULTURAL |Teatro profesional | "Sophie non é o meu nome de guerra" de Redrum Teatro
A compañía Redrum Teatro presenta en Brión "Sophie non é o meu nome de guerra"
Elenco: Camille Hedouin e Alixa Ladson | Dirección: Laura Míguez | Autor: Roberto Pascual
Sinopse:
A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.
Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.
Público adulto | Drama
DATA: venres, 21 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal
Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña