03-12-2025
     
Días 3 e 10 de decembro de 2025
Centro Social Polivalente

BRIÓN INCLÚE 2025 | CAXOTO: "Un corazón a flor de pel"

Caxoto (A Trastenda dos Contos) presenta no Brión Inclúe 2025 o espectáculo "Un corazón a flor de pel" (Xestión das emocións)
Con varias funcións, destinadas ao alumnado dos centros de Educación Infantil do Concello de Brión.

Sinopse:

Dende unha perspectiva lúdica e escénica neste espectáculo abórdase a educación para a saúde cunha función arredor da xestión emocional.
Un doutor experto no corazón falaranos da intelixencia emocional a partir das emocións que conviven dentro do noso peito. Falarase sobre a importancia de identificalas, coñecelas e dominalas para acadar un corazón ben amoblado.
Unha sesión médica moi tola que conta cousas moi sensatas para unha mellor xestión da saúde emocional.

DATAS DE CELEBRACIÓN:

Mércores 3 de decembro: 

11:15 h.: Pase para alumnado de Ed. Infantil do CEIP de Pedrouzos e das Escolas de Ed. Infantil de Os Ánxeles e Bastavales
13:00 h.: Pase para alumnado de 1º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos

Mércores 10 de decembro:

11:15 h.: Pase para alumnado de 2º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos
13:00 h.: Pasa para alumnado de 3º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Centro Social Polivalente de Brión
Avda. de Sta. Minia nº 42
Pedrouzos-Brión

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-10