MATRÍCULA NOVA ADMISIÓN ESMUMA 26/27
Escolle o teu instrumento e ven facer música connosco
No ESMUMA Centro de Música, Creatividade e Divulgación adscrito ao departamento de Música do Concello de Brión, facemos música dende o respecto, a diversión e o compromiso. Un lugar onde nenos, nenas, mozos e mozas, e tamén persoas adultas, atopan o seu camiño musical con acompañamento próximo e profesional.
Curso 2026/2027 | Inicio: 14 de setembro
Concello de Brión | www.esmumagarinos.com
Que ofrecemos?
Dous plans educativos adaptados a cada idade:
- PEX – Plan Educativo Xeral → de 3 a 21 anos
- PEA – Plan Educativo de Adultos → a partir de 16 anos
E dúas portas de entrada:
- Música e movemento → de 3 a 7 anos
- Oferta instrumental → de 8 anos en diante
Ademais, formamos en linguaxe musical e harmonía, e participas en agrupacións instrumentais desde o primeiro momento: orquestras infantís, coro, banda de música, combos modernos, big band, música de cámara, agrupacións tradicionais...
Que instrumentos podes estudar?
Itinerario clásico
Piano · Trompeta · Fliscorno · Tuba · Bombardino · Trombón · Trompa · Guitarra · Clarinete · Saxofón · Frauta traveseira · Canto · Percusión · Contrabaixo
Itinerario tradicional e folk
Gaita · Canto · Percusión
Itinerario moderno
Piano · Trompeta · Saxofón · Canto · Batería · Guitarra · Baixo eléctrico · Contrabaixo
Tódalas especialidades están abertas tanto para nenos, novas e adultos. Consulta dispoñibilidade.
Prazo de admisión e matrícula
Do 15 de xuño ao 17 de xullo podes vir á nosa secretaría en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e tamén por teléfono: 981 509903 ou por mail esmuma@concellodebrion.gal
Prezos e bonificacións
Prezos xerais
| Curso | Prezo/trimestre |
| PEX Nivel I – 1º curso | 35,50 € |
| PEX Nivel I – 2º, 3º, 4º, 5º curso | 44,80 € |
| PEX Nivel II, III, IV | 127,80 € |
| PEA Adultos (Nivel I, II, III) | 127,80 € |
Bonificacións aplicables
- Familia numerosa: 50%, 75% ou 100% de bonificación
- Outras familias (segundo criterios sociais): 50%, 75% ou 100%
- Pertenza a banda de música: 50%
- Segunda especialidade: 90%
Niveis académicos (de principiante a profesional)
- Nivel I – Inicial: Achegamento á música
- Nivel II – Básico: Desenvolvemento inicial da práctica musical
- Nivel III – Perfeccionamento: Afianzamento técnico e instrumental
- Nivel IV – Experto: Desenvolvemento profesional
Contáctanos sen compromiso
Tes dúbidas? Queres saber que itinerario lle vai mellor ao teu fillo ou para ti mesma? Chama, escribe ou ven vernos.
📍 ESMUMA – Departamento de Música do Concello de Brión
📞 981 509903
✉️ esmuma@concellodebrion.gal
🌐 www.esmumagarinos.com
Aquí cabemos todos. Cada instrumento, cada idade, cada soño musical.