06-11-2026
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | Teatro | MALASOMBRA: Cotorras

Malasombra Producións presenta en Brión o seu espectáculo "Cotorras"
Unha comedia de Audrey Schebat. Tradución: Rosa Moledo · Adaptación e dirección: Xoque Carbajal

Elenco: Luis Iglesia e Victoria Teijeiro | Voces en off: Neves Rodríguez, Paula Pier e Xoque Carbajal

Xénero: Comedia | Público adulto

Sinopse:

Unha comedia fresca, áxil e mordaz que penetra na vida dunha parella atrapada na rutina. Mentres esperan a chegada duns amigos para cear, o que parecía unha noite calquera convértese nunha sucesión de conversacións, revelacións e reflexións sobre as relacións de parella, as xerarquías, as relacións de poder, a comunicación —ou, máis ben, a falta dela— e esa procura da felicidade que, ás veces, esixe tomar decisións drásticas.

Luis Iglesia e Victoria Teijeiro dan vida a dous personaxes cheos de matices, enfrontados a dilemas que poñerán a proba as súas certezas e farán aflorar as dinámicas de poder e os comportamentos machistas que poden esconderse tras a aparente normalidade dunha relación. Situacións e actitudes que, quizais, moitos homes non recoñecerán en si mesmos, pero que resultarán familiares para moitas mulleres que poderán identificalas nas súas propias relacións ou nas da súa contorna.

DATA: venres 6 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.

Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-11-06