Romaría de Santa Minia 2021

Romaría de Santa Minia 2021
Este ano regresan á Carballeira de Santa Minia os arrecendos dunha das romarías máis populares da bisbarra, aínda que dun xeito especial e diferente por mor da actual situación sanitaria.

Do 24 ao 27 de setembro vai celebrarse en Brión a tradicional Romaría de Santa Minia, unha celebración que desexa manter a súa esencia respectando todos os protocolos vixentes para previr a expansión da COVID-19.

A edición 2021 da Santa Minia manterá os tradicionais oficios relixiosos, que se celebrarán nos lugares habituais, e recuperará o despregue de postos de alimentación (rosquilleiras/os, polbeiras/os, etc.), artigos relixiosos, cereiros, etc., que nesta ocasión van ficar na contorna da Carballeira de Sta. Minia, polo que en ningún momento se cortará a circulación de tráfico pola Avda. de Santa Minia e a estrada AC-451.

Unha programación cultural e de lecer con espectáculos musicais e teatrais

Asemade, non faltará unha programación cultural e de lecer con espectáculos musicais e teatrais con aforo limitado, aos que poderamos asistir de balde. No caso das actuacións para toda a familia da tarde, que van celebrarse na Praza do Concello, a entrada será libre ata completar o aforo dispoñible. Para asistir aos concertos, que se celebrarán no serán-noite na finca das atraccións, será preciso realizar unha reserva previa de entrada no enderezo de correo: entradasbrion@gmail.com. Para conseguir a nosa localidade, só deberemos enviar unha mensaxe ao mencionado enderezo co título do espectáculo e o nome, DNI e teléfono de contacto da/s persoa/s que desexen asistir.

O prazo para realizar a reserva de localidades abrirase o venres 17 de setembro, a partir das 9:00 h., e permanecerá aberto ata as 14:00 h. do día 23 de setembro. Unha vez feita a reserva, as persoas interesadas recibirán a correspondente entrada para o espectáculo no seu correo electrónico. Un documento que deberán presentar para asistir ao evento. O acceso aos espectáculos para todas aquelas persoas con localidades reservadas pecharase 15 minutos antes do inicio do mesmo. Aquelas cadeiras que queden baleiras, poderán ser ocupadas por persoas sen entrada previa, por orde de chegada.

PROGRAMACIÓN ROMARÍA DE STA. MINIA 2021

Venres 24

  • 18:00 h.: Mago Romarís “Maxía Potásica” (Espectáculo Familiar)
  • 20:30 h.: Concerto: GRUPO AMÉRICA DE VIGO

Sábado 25

  • 10:00 h.: Grupo de Gaitas Asociación Cultural e Musical de Bagariño “Alborada”
  • 12:00 h.: O País das Bandas: Banda de Música Santiago de Arteixo
  • 18:00 h.: Pistacatro Productora de Soños “OhOlimpiadas!  (Espectáculo Familiar)
  • 20:00 h.: Concerto: MANOELE DE FELISA “Cancioneiro do Camiño”

Domingo 26: Vesperas

  • 10:00 h.: Charanga Os Celtas
  • 12:00 h.: Charanga NBA
  • 18:00 h.: Lohengrín Teatro “A mirada das bolboretas” (Espectáculo Familiar)
  • 19:00 h.: Escola de Música e Baile Tradicional de Brión
  • 20:00 h.: Concerto: CARAPAUS “Camiño da vida tola” E OS D`ABAIXO
  • 00:00 h.: Fogos de artificio simultáneos desde Brión, Bastavales e Viceso

Luns 27: Santa Minia

  • 10:00 h.: Os Viqueiras de Ordes
  • 12:00 h.: Festicultores Troupe “Máis comedia por favor”
  • 18:00 h.: Odaiko “Tempos modernos” (Espectáculo Familiar).
  • 20:00 h.: Concerto: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BRIÓN