Brión busca a cesión de tres estradas de titularidade autonómica

Brión busca a cesión de tres estradas de titularidade autonómica
O alcalde de Brión, Pablo Lago, mantivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para avanzar na cesión ao de tres tramos de estradas de titularidade autonómica.

A cesión de estas vías ao concello de Brión estaría condicionada a que a Xunta de Galicia as entregue melloradas e debidamente pavimentadas.

O alcalde, Pablo Lago, explicou que  “Coa cesión destas estradas, o Concello de Brión podería mellorar a súa accesibilidade, adecuar e ampliar as beirarrúas, mellorar o alumeado público, reducir a velocidade dos vehículos e tomar outras decisións que nestes momentos son moi complicadas de tomar por ter a desvantaxe de andar a pedir autorizacións constantes ao titular da estrada, que é a Consellería”.

As estrada que solicita Brión son as que conflúen na rotonda dos Ánxeles. O tramo que parte da AC-543 desde Bertamiráns; o da AC-451 que nace na rotonda de acceso á Autovía Santiago Brión; e o da AC-300 desde a rotonda de Soigrexa.

Punto negro

O alcalde brionés fixo fincapé na necesidade de que no momento da cesión da titularidade todos os tramos estean nunha situación óptima de conservación. Reiteroulle á conselleira a necesidade de actuar na rotonda da rúa da Senra, onde se teñen producido varios sinistros de tráfico que se atribúen a un deficiente peralte da mesma. Ethel Vázquez amosou a súa preocupación por este problema e comprometeuse a buscarlle unha solución axeitada e coa maior brevidade posible.

Pablo Lago destacou e agradeceu a bo receptividade da conselleira coas peticións realizadas, se ben precisou que a conselleira xa lle adiantou que a Xunta deberá facer un estudo económico previo da viabilidade destas peticións.