A primeira fase da campaña de trampeo profesional contra a velutina en Brión sáldase coa captura de 209 raíñas

A primeira fase da campaña de trampeo profesional contra a velutina en Brión sáldase coa captura de 209 raíñas
Unas cifras que supoñen unha minoración do 34%

A primeira fase da campaña de trampeo profesional que a empresa SERPA Servizos Privados Anti Velutina está a desenvolver en Brión saldouse coa captura de209 raíñas e, curiosamente, ningunha obreira. Unas cifras que supoñen unha minoración do 34% no número de capturas con respecto á primeira fase da campaña do ano pasado.

Durante a semana pasada, os técnicos procederon a recoller as capturas e repoñer os atraentes nas 112 trampas xeolocalizadas por todo o municipio, na que é a terceira campaña de trampeo profesional que se desenvolve no municipio. Dado que cada raíña é quen de formar ata 3 niños diferentes dentro do seu ciclo anual, estímase que esta primeira fase permitiu eliminar entre 209 e 627 niños potenciais.

Esta é a primeira das seis fases nas que se estrutura a campaña de primavera 2021 no Concello de Brión. A do ano pasado saldouse cun total de 4.746 capturas, un 83,7% máis ca en 2019 (2.039 velutinas), das que 1.640 eran raíñas, fronte ás 840 recollidas o ano anterior. O trampeo desenvolverase ata finais de xuño e, de acordo coa experiencia de anos anteriores agárdase que o maior número de capturas teña lugar durante o vindeiro mes de maio.