O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.
  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todos os maiores de idade que se inscriban (a maiores do presentador). Modelo de Autorizacion (sinatura da Folla).
  • Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, ….), agás o do presentador se o trámite é en liña.
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
  • Menor que se empadroa con ambos proxenitores: libro de familia ou certificado de nacemento.
  • Menor que se empadroa con un só dos proxenitores: 
  • Resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia do menor e  declaración responsable de estar en vigor e non existir outra posterior que modifique os seus termos (Modelo I).
  • Se a garda e custodia é compartida, deberá achegarse o mutuo acordo de ambos os proxenitores.
  • Se non existe resolución xudicial, será necesaria unha autorización do outro proxenitor. Na súa falta, deberá achegarse declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispor da firma do outro proxenitor (Modelo II).
  • Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos proxenitores ou de un deles (Modelo I o Modelo II segundo proceda). No caso de tutela ou acollemento, resolución xudicial ou administrativa onde se estableza. 
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento e último recibo de aluguer, ...) Este documento non é necesario no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
  • Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento. Modelo de Autorización
  • En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de ejecución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.