Como cada Nadal, o Concello de Brión convocou unha nova edición do tradicional Concurso de Tarxetas, un certame de creación artística destinado á poboación escolar brionesa de Infantil e Primaria do CEIP de Pedrouzos, a EEI de Os Ánxeles e a EEI de Sabaxáns (Bastavales).
Esta tarde asinouse na Casa Museo de Rosalía en Padrón a renovación do convenio de colaboración entre a Fundación e o Concello de Brión. O documento foi rubricado polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, o académico Anxo Angueira.
O festival Brión Inclúe é unha iniciativa que pretende concienciar -coa cultura como ferramenta de motor social- sobre a necesidade urxente de crear espazos que garantan a accesibilidade ás artes para todo o mundo por igual.