Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Dende o mércores, 15 de outubro, está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2025-2026. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do ocio e tempo libre, comercio, almacén, administración e xestión, e turismo. A edición 2024-2025 rematou o pasado 30 de setembro.
Hoxe celebrouse no Centro Social Polivalete a primeira representación dun novo programa de Teatro Profesional impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Brión, unha iniciativa que busca achegar as artes escénicas ao alumnado de Brión e fomentar o gusto polo teatro entre os máis novos.
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, asinaron hoxe a adhesión deste municipio ao sistema VioGén, promovido polo Ministerio do Interior e destinado ao seguimento e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero así como dos seus fillos e fillas.