Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto poñen en marcha o I Circuíto 3x3 da Deputación da Coruña. Ao longo do mes de xuño o Baloncesto en modalidade 3x3 despregará todos os seus atractivos nas rúas dos concellos de Carballo, Ordes e Brión.
O acto que estará presidido polo alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, e no que participarán Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital; e os artistas plásticos e pintores María Xesús Díaz e Antón Sobral Iglesias.
O Concello de Brión está a acometer unhas obras de mellora da aldea da Torre, que inclúen a reparación e asfaltado dos distintos viarios que cruzan a localidade así como a construción dunha cuneta de seguridade de 115 metros de longo, que servirá tamén para habilitar un espazo de aparcamento para os turistas que se achegan ás Torres de Altamira. Unha actuación financiada polo Concello de Brión, que inviste nela máis de 21.000 euros.