Coa chegada do outono, Brión estrea nova programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro. Un programa onde destacan as artes escénicas, con numerosas propostas tanto de teatro profesional como amador.
O Concello de Brión vén de recuperar e acondicionar dous importantes elementos do patrimonio histórico e etnográfico do municipio, como son os conxuntos de fonte-lavadoiro de Boaventura e do Alqueidón. Estas actuacións supuxeron un investimento de case 25.000 euros, acometidos polo Concello de Brión a través dunha subvención outorgada polo Instituto Galego de Estudos do Territorio, da Xunta de Galicia.
Técnicos municipais de Santa Comba e A Bola, xunto a un grupo de veciños e veciñas de toda a comarca, participaron esta mañá na primeira xornada do festival Coworking Fest, celebrada no espazo colaborativo “Transformando en Brión”, pertencente á Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña.