VACACIÓNS PARA MAIORES IMSERSO 2025-2026
PERSOAS BENEFICIARIAS:
A) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
* Persoas de 65 anos ou máis
* Todos os pensionistas de xubilación
* Pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos
* Outras pensionistas con 60 anos cumpridos
* Perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos
* Cónxuxes de calquera idade e fillos con discapacidade igual ou superior ao 45 %
B) Persoas españolas residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado A.
C) Persoas españolas de orixe emigrante que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
DESTINOS:
* Zona Costeira Peninsular
* Zona Costeira Insular
* Turismo de Escapada: Circuítos Culturais, Turismo de Natureza, Capitais de Provincia, Cidades de Ceuta e Melilla.
SOLICITUDES:
• Preferiblemente a través da sede electrónica do Imserso (www.imserso.es)
• No Centro Social Polivalente (Avenida Santa Minia, 46). Cita previa no 981 50 99 10
• Desde o 1 de xullo ata o 23 de xullo de 2025