APP Incidencias

Plataforma de Xestión de Incidencias

Emerxia é un sistema de notificacións e xestor de incidencias que o Concello de Brión pon a disposición dos cidadáns que permite facer suxerencias ou reportar calquera incidencia coa que se encontre no seu día a día. As persoas usuarias poden reportar incidencias de unha maneira rápida e sinxela, con só acceder ao enlace situado mais abaixo, dende calquera dispositivo, sen instalación ou descargas previas e sen complicacións de configuración.

Os usuarios realizarán o envío da incidencia a través do panel web dispoñible dende o PC ou o móbil
Envío de incidencias xeoposicionadas automaticamente para facilitar a localización e o acceso.
Pódense axuntar fotografías e comentarios.
Informaráselle mediante correo electrónico do proceso de xestión e resolución da súa incidencia.
Manexo fácil e moi intuitivo.
Poderá ver en cada momento o estado da evolución de cada incidencia ata a súa resolución. En espera, en trámite, asignada, en resolución e resolta.