Cultura e Deportes

CASA DA CULTURA HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

De luns a Venres - 09:00 a 14:00 h.

BIBLIOTECA MUNICIPAL HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

De luns a Venres - 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 h.

Sábados - Pechada.

ENDEREZO POSTAL:

Carballeira de Santa Minia, nº 5 15865 - Brión
Tel.: 981 50 99 08
E-mail: casacultura@briondixital.org

SITUACIÓN

Pódela atopar na Carballeira de Santa Minia. O edificio construírase en 1929 para alfóndega da feira de Brión e para Casa do Concello.

 

A súa estrutura arquitectónica en altura divídese en tres plantas, onde se localizan as dependencias destinadas ás areas de Cultura e Deportes, Oficina de Información Xuvenil, Oficina local de emprego e a Sala de Exposicións Municipal, seguindo o seguinte esquema:

No andar baixo inaugurouse no ano 2011 un espazo de 186 metros cadrados, habilitado como sala de exposicións no lugar que anteriormente funcionou e como biblioteca.

No primeiro andar, e coa entrada situada cara a Carballeira de Santa Minia, temos as oficinas dos Departamentos de Cultura e Deportes, Oficina de Información Xuvenil, Oficina de emprego e Oficina Local de emprego.

No segundo andar existe un pequeno almacén.

A un edificio anexo, dependencias que antes ocupaba a casa consistorial, trasladouse a Biblioteca no ano 2011. A biblioteca municipal duplicou desta maneira espazo e estreou salas. Situada na primeira planta da antiga casa consistorial, a nova biblioteca de Brión foi deseñada como un espazo moderno e luminoso que convida a profundar no sempre saudable hábito do estudo e a lectura. A instalación, que duplica espazo con respecto á anterior e estrea dúas novas salas, a de infantil e a de estudo, conta con 11.500 volumes como fondos e permanece aberta ao público a diario.

 

PERSOAL
  • Xestor Cultural
  • Monitor deportivo
  • Axente de Emprego y desenrolo local
  • Técnico Informático responsable da aula Cemit
  • Bibliotecario
SERVIZOS DA CASA DA CULTURA
  • Omix
  • Sala de informática aberta
  • Cursos de informática
  • Departamento de Cultura
  • Departamento de Deportes
  • Departamento de formación
  • Oficina Municipal de Voluntariado
  • Consellos para a busca de emprego
  • Mantemento do mercado laboral local
  • Asesoramento a emprendedores locais