PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A, FUNCIONARIO/A DE CARREIRA, CONTIDA NA OPE 2022

Por esta alcaldía con data 31 de marzo de 2023 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de concurso-oposición para a praza de arquitecto/a incluída na oferta de emprego público do Concello de Brión do ano 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. (Dende o 12 de xuño ao 7 de xullo de 2023)

Número de conta para ingreso das taxas polos dereitos de exame (18€): ES14 2080 0327 4731 1000 0016 / TITULAR: CONCELLO DE BRIÓN