13-05-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

MAIO CULTURAL | TEATRO: UN HOME CON LENTES DE PASTA

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Brión o espectáculo: "Un home con lentes de pasta"

Unha comedia dirixida por Alex Sampaio e escrita por Jordi Casanovas.

Comedia | Público adulto | 75 min.

DATA: 13 de maio
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

SINOPSE:
Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.

Esta comedia estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011

Máis información na web de Redrum Teatro

Fecha Fin
2023-05-13