"CONTOS DE AQUÍ PARA TI" CON OLGA ABAD E CARMEN DOMECH
A Biblioteca Pública Municipal propón unha actividade lúdica dirixida ao público familiar coa que dar a benvida ao verán e as tan desexadas vacacións escolares:
“Contos de aquí para ti”, a cargo de Olga Abad e Carmen Domech.
DATA: 2 de xullo
HORA: 12:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Patio do CEIP de Pedrouzos (Brión)
SINOPSE:
A obra preséntanos dúas pedras como protagonistas, situadas no principio dos tempos, nun espazo no que todo está por crear. A través desta historia, introdúcense valores como a paz, a igualdade e a alegría, convidando a reflexionar de forma lúdica e creativa
Público familiar (dende os 4 anos) | Narración oral e teatro de monicreques
Entrada de balde. Máis información e reserva de localidades.
Actividade co patrocinio do programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.