24-10-2025
     
30/01/2026
Concello de Brión

VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS

O Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca o VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026. Unha iniciativa que busca incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento da figura e obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, por todo o que representou e segue a representar para a nosa cultura.

Os orixinais poderán presentarse exclusivamente en formato dixital ata as 23:00 h. do día 30 de xaneiro de 2026, no enderezo de correo electrónico recollido nas bases de participación (preme para consultar)

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-01-30