EXPOSICIÓN: ROSALÍA, PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE
A plataforma social Vía Galega presenta en Brión a mostra "Rosalía, proclamar ao mundo que Galiza existe".
A exposición, con textos do investigador Francisco Rodríguez sobre a obra e vida de Rosalía, fusiona tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura da autora: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolve e a orientación, sentido e vixencia da obra. En nome de Vía Galega intervirá Anxo Louzao, membro da Coordinadora Nacional.
ACTO DE INAUGURACIÓN:
DATA: 24 de febreiro
HORA: 19:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión
Para un mellor desenvolvemento do acto, os organizadores pregan confirmar asistencia a través do enderezo de correo electrónico coordenadora@viagalega.gal
antes do luns 23 de febreiro.