Brión celebra a súa festa do Entroido

Imaxe dunha das comparsas participantes no concurso de Entroido
O domingo 22 de febreiro, Don Carnal visitou Brión co tradicional desfile, concurso e baile de disfraces.

Un ano máis Brión celebrou a súa tradicional festa de Entroido. Un evento previsto para o 15 de febreiro que tivo que adiarse unha semana por mor das malas condicións meteorolóxicas do domingo de Entroido.

A xornada festiva comezou pasadas as 16:30 h., iniciándose co tradicional desfile dos participantes dende o Pavillón Polideportivo Municipal de Brión ata a Rúa Tarrío, lugar onde se celebrou o evento. Por suposto, non faltou o acompañamento musical a cargo da charanga Os Celtas.

A fase de concurso iniciouse puntualmente, e os participantes, organizados por categorías, deron o mellor de si para impresionar ao xurado e acadar algúns dos premios do concurso, que sumaron 2500 €. O serán rematou co tradicional baile de disfraces, amenizado nesta ocasión pola Orquestra Escaparate.

 

PREMIADOS

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos)

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): Noel Rial Suarez.- O regreso do Minion de Outes

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): Tirso Barreiro Tarrio.- A familia do bosque de Brión

 

MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL(+ 18  anos)

1º Premio (100 €): Ángel Nine Chaves.– A máquina do tempo. Destino Brión de Vilagarcía

 

MODALIDADE PARELLAS::

1º Premio (150 €): Lendo a Rosalía de Noia

2º Premio (125 €): Un cuento dis-tinto de Brión

 

MODALIDADE GRUPOS

1º Premio (200 €): Alicia en el país de las maravillas de Ames

2º Premio (175 €): A nova xeración Super Mario de Rois

3º Premio (150 €): Os osos amorosos de Brión

4º Premio (125 €): Centro de maquillaxe de Rois

Accesit (70 €): A Maxía de Brión

Accesit (70 €): Stranger Things de Brión

Accesit (70 €): Las locas de los gatos de Brión

Accesit (70 €): As Pica-Pedra de Brión

 

MODALIDADE COMPARSA:

1º Premio (300 €): Pontedisfraz. A luz do camiño de Camariñas

2º Premio (250 €): Polbo á Barcalesa de Negreira

3º Premio (200 €): Pedrouzos Kart de Brión

4º Premio (150 €): Elfas da flor eterna de Santiago

Accesit (125 €): Os piratas de Brión de Brión

Accesit (100 €): Dance & Fit entre setas de Brión

Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas por participar.