Un ano máis Brión celebrou a súa tradicional festa de Entroido. Un evento previsto para o 15 de febreiro que tivo que adiarse unha semana por mor das malas condicións meteorolóxicas do domingo de Entroido.
A xornada festiva comezou pasadas as 16:30 h., iniciándose co tradicional desfile dos participantes dende o Pavillón Polideportivo Municipal de Brión ata a Rúa Tarrío, lugar onde se celebrou o evento. Por suposto, non faltou o acompañamento musical a cargo da charanga Os Celtas.
A fase de concurso iniciouse puntualmente, e os participantes, organizados por categorías, deron o mellor de si para impresionar ao xurado e acadar algúns dos premios do concurso, que sumaron 2500 €. O serán rematou co tradicional baile de disfraces, amenizado nesta ocasión pola Orquestra Escaparate.
PREMIADOS
MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos)
1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): Noel Rial Suarez.- O regreso do Minion de Outes
2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): Tirso Barreiro Tarrio.- A familia do bosque de Brión
MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL(+ 18 anos)
1º Premio (100 €): Ángel Nine Chaves.– A máquina do tempo. Destino Brión de Vilagarcía
MODALIDADE PARELLAS::
1º Premio (150 €): Lendo a Rosalía de Noia
2º Premio (125 €): Un cuento dis-tinto de Brión
MODALIDADE GRUPOS
1º Premio (200 €): Alicia en el país de las maravillas de Ames
2º Premio (175 €): A nova xeración Super Mario de Rois
3º Premio (150 €): Os osos amorosos de Brión
4º Premio (125 €): Centro de maquillaxe de Rois
Accesit (70 €): A Maxía de Brión
Accesit (70 €): Stranger Things de Brión
Accesit (70 €): Las locas de los gatos de Brión
Accesit (70 €): As Pica-Pedra de Brión
MODALIDADE COMPARSA:
1º Premio (300 €): Pontedisfraz. A luz do camiño de Camariñas
2º Premio (250 €): Polbo á Barcalesa de Negreira
3º Premio (200 €): Pedrouzos Kart de Brión
4º Premio (150 €): Elfas da flor eterna de Santiago
Accesit (125 €): Os piratas de Brión de Brión
Accesit (100 €): Dance & Fit entre setas de Brión
Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas por participar.