ENTREGA DO VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS
María Peinado Casal é a autora do texto “Maseira”, recoñecido co VIII Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.
O galardón seralle entregado nun evento especial no que a autora será recoñecida. O premio está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra por Edicións Positivas. A gañadora tamén recibirá un trofeo coa figura de "Laudamuco, señor de ningures", obra do artista plástico Xosé Vizoso.
DATA: sábado, 16 de maio
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)
Por favor, confirmar asistencia ao acto no tfno. 981 50 99 08 (ata o día 14 de maio)
De seguido, e para completar unha xornada dedicada ás artes escénicas, grande estrea da obra "Polo de Franco" a cargo da compañía Teatro do Noroeste.
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Entrada de balde. Será preciso reservar na Billeteira municipal (entradas dispoñibles en breve)