16-05-2026
     
18:00 h. || 20:30 h.
Casa da Cultura. Carballeira de Sta. Minia nº 5 || Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

ENTREGA DO VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS

María Peinado Casal é a autora do texto “Maseira”, recoñecido co VIII Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.

O galardón seralle entregado nun evento especial no que a autora será recoñecida. O premio está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra por Edicións Positivas. A gañadora tamén recibirá un trofeo coa figura de "Laudamuco, señor de ningures", obra do artista plástico Xosé Vizoso.

DATA: sábado, 16 de maio
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)

Por favor, confirmar asistencia ao acto no tfno. 981 50 99 08 (ata o día 14 de maio)

De seguido, e para completar unha xornada dedicada ás artes escénicas, grande estrea da obra "Polo de Franco" a cargo da compañía Teatro do Noroeste.

HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde. Será preciso reservar na Billeteira municipal (entradas dispoñibles en breve)

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-05-16